Imperio Latino
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital | Constantinopla | |||
Poboación | ||||
Lingua oficial | francés antigo | |||
Relixión | Igrexa católica | |||
Datos históricos | ||||
Creación | 1204 | |||
Disolución | 1261 | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | monarquía | |||
En 1204, os cabaleiros da Cuarta Cruzada estableceron un estado cruzado coñecido como Imperio Latino ou Romania, con base en Constantinopla,[1] tras saquear a cidade. Proclamábanse como os sucesores cristiáns do Imperio Bizantino. Balduíno IX, conde de Flandres, foi coroado como o seu primeiro emperador o 16 de maio de 1204.
Historia
[editar | editar a fonte]O nome latino do emperador era Imperator Romaniae, ou Emperador de Romania. O nome non ten nada que ver co estado actual de Romanía; é a forma latina do título de Emperador Bizantino, a quen o emperador latino esperaba substituír. O Imperio Bizantino nunca se chamou desta forma e o título do emperador era Basileus Rhomaion, ou emperador dos romanos. Isto produciu o curioso efecto de que en Europa existían ao mesmo tempo tres imperios romanos, sendo o outro o Sacro Imperio Romano xermánico.
O Imperio Latino reclamou todas as terras controladas polo Imperio Bizantino no momento en que Constantinopla foi conquistada e exerceron control sobre áreas de Grecia (os Estados Cruzados: O Reino de Tesalónica, o Principado de Acaia e o Ducado de Atenas). Con todo, a maioría do territorio permaneceu en mans de estados rivais dirixidos por aristócratas do antigo imperio, como o Despotado de Epiro, o Imperio de Nicea e o Imperio de Trebisonda. Os parentes de Balduíno loitaron durante moitos anos polos seus dominios. O Imperio Latino finalizou o 25 de xullo de 1261 cando Miguel VIII Paleólogo reconquistou Constantinopla, derrocando ao último emperador latino Balduíno II.
Os herdeiros de Balduíno II seguiron utilizando o título de Emperador de Constantinopla durante un século, e víanse como teóricos amos de varios estados latinos no mar Exeo.
Emperadores do Imperio Latino de Constantinopla
[editar | editar a fonte]- Balduíno I (1204-1205).
- Henrique de Flandres (1206-1216).
- Pedro de Courtenay (1217).
- Iolanda de Flandres (1217-1219).
- Roberto de Courtenay (1221-1228).
- Xoán de Brienne (rexente) (1228-1237).
- Balduíno II morto en 1273.
- Conon de Béthune (rexente) 1219.
- María de Courtenay (rexente) (1228)[2]
- Narjot de Toucy (rexente) (1228–1231)
- Xoán de Brienne (rexente co título de emperador) (1229/1231[3]–1237)
- Anseau de Cayeux (rexente) (1237–1238)[4]
- Narjot de Toucy (rexente) (1238–1239)[4]
- Filipe de Toucy. rexente durante a ausencia de Balduíno II (1243–1248)[4][5][6] (1251–1259)[7]
Emperadores titulares[8]
[editar | editar a fonte]- Balduíno de Courtenay (1261–1273).
- Filipe de Courtenay (1273–1283).
- Catarina de Courtenay (1283–1308) con Carlos de Valois (1301–1308).
- Catarina de Valois (1308–1346) con Filipe I de Tarento (1313–1332).
- Roberto de Tarento (1346–1364).
- Filipe II de Tarento (1364–1373).
- Xaime de Baux (1373–1383). á súa morte, legou os seus dereitos titulares sobre o imperio a Lois I de Anjou, pretendente ao trono de Nápoles, pero nin el nin os seus sucesores utilizaron o título imperial.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hamilton (1998), p. 259
- ↑ VV. AA., A History of the Crusades, Volume II, p. 216.
- ↑ En 1229 foi o tratado cos baróns do Imperio, pero chegou a Constantinopla en 1231: [1], [2], [3], [4] y [5]
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Bellinger, Alfred Raymond (1999). Catalogue of the Byzantine coins in the Dumbarton Oaks Collection and in the Whittemore Collection. Vol. 4. Alexius I to Michael VIII, 1081 - 1261 : Pt. 1. Alexius I to Alexius V : (1081 - 1204) (en inglés). Dumbarton Oaks. ISBN 9780884022336.
- ↑ Setton, Kenneth M.; Wolff, Robert Lee; Hazard, Harry W. (1969). The Later Crusades, 1189-1311 (en inglés). Univ of Wisconsin Press. ISBN 9780299048440.
- ↑ Setton, Kenneth M.; Wolff, Robert Lee; Hazard, Harry W. (1969). The Later Crusades, 1189-1311 (en inglés). Univ of Wisconsin Press. ISBN 9780299048440.
- ↑ Petitot (Claude-Bernard), M.; Petitot, Claude Bernard; Petitot, Alexandre; Monmerqué, Louis Jean Nicolas (1819). Collection des mémoires relatifs à lh̓istoire de France... (en francés). Foucault.
- ↑ Buchon, Jean Alexandre C.; Cange (sieur), Charles Du Fresne Du; Chastellain, Georges; Villehardouin, Geoffroi de; Monstrelet, Enguerrand de; Froissart, Jean; Molinet, Jean; Paris, Geoffroi de (1826). Collection des chroniques nationales françaises: écrites en langue vulgaire du treizième au seizième siècle, avec notes et éclaircissements (en francés). Verdière [et] J. Carez.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Imperio Latino |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hamilton, Janet; Hamilton, Bernard; Stoyanov, Yuri (1998). Christian Dualist Heresies in the Byzantine World, C. 650-c. 1450 (en inglés). Manchester: Manchester University Press. ISBN 071904765X.